O Camiño Mozárabe estará en Xantar 2012

O Salón celebrarase entre o 1 e o 5 de febreiro en Expourense

ene

10
2012

galicia10
NOTICIAS

O Camiño Mozárabe a Santiago será un dos protagonistas de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que celebrará a súa decimoterceira edición en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2012. Entre os obxectivos deste ano destaca o posicionamento dun proxecto de cooperación transfronteriza e interterritorial no que destacará a promoción do Camiño Mozárabe ou Vía da Prata, a través da presenza na feira da gastronomía das rexións que atravesa esta ruta e que participarán como comunidades convidadas: Andalucía, Estremadura, Castela e León, ademais de Galicia.

Coa finalidade de reforzar a promoción conxunta dos concellos polos que transcorre a Vía da Prata, considerada Itinerario Cultural Europeo, crearase un Área Temática e Informativa específica para que estes dean a coñecer a súa oferta turística, gastronómica e patrimonial. Esta acción contará co apoio da S.A. de Xestión de Plan Xacobeo.

Share SHARE

About

View all posts by:


Deja un Comentario

Tu dirección de email no se hará pública. Los campos obligatorios están marcados con *