Cinco bandas de pop nacional actuarán
nun concerto solidario no Gaiás

'Cancións por regalos' xuntará o martes 3 de xaneiro na Biblioteca de Galicia a Mehnai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Bentley e Abraham

ene

02
2012

galicia10
NOTICIAS

A iniciativa Cancións por regalos abrirá a programación da Cidade da Cultura para este novo ano 2012 cun concerto solidario mañá martes 3 de xaneiro ás 18.00 horas na Biblioteca de Galicia. Este actividade contará coas actuacións de cinco das mellores bandas pop nacionais, onde para entrar non fará falla mercar unha entrada, senón que abondará con entregar un regalo que despois a ONG Iniciativa Social Berce fará chegar a un neno con poucos recursos.

Mehnai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Bentley e Abraham Boba serán os protagonistas da segunda edición de Cancións por regalos, iniciativa que se celebrou o ano pasado durante a programación do Xacobeo 2010 e que contou cunha excepcional acollida por parte do público. As bandas que participantes ofrecerán un repertorio adaptado a un formato acústico e dirixido a un público familiar.

Share SHARE

About

View all posts by:


Deja un Comentario

Tu dirección de email no se hará pública. Los campos obligatorios están marcados con *