O espectáculo teatral global de Chévere Citizen Total foi o gran triunfador da XVI edición dos Premios María Casares que onte se celebraron no Teatro Rosalía Castro de A Coruña ao conseguiren 5 premios dos 8 aos que optaban.
A gala, á que asistiron uns 500 convidados, contou coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, que foi o encargado de ler o Manifesto galego do Día Internacional do Teatro. Ademais dos 13 galardóns, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia quixo rendir homenaxe ao traballo e legado da Sala Nasa de Santiago de Compostela facéndolle entrega do Premio de Honra Marisa Soto.
Estes foron os gañadores, por categorías, da edición 2012 dos Premios María Casares:
– MELLOR MAQUILLAXE: Trini Fernández Silva (A Ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego)
– MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso (A Ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego)
– MELLOR ESCENOGRAFÍA: Paco Conesa (Piratas de Teatro do Noroeste)
– MELLOR ILUMINACIÓN: Octavio Mas (Oeste Solitario de Produccións Teatrais Excéntricas)
– MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total de Grupo Chévere)
– MELLOR ADAPTACIÓN – TRADUCIÓN: Avelino González (Oeste Solitario de Produccións Teatrais Excéntricas)
– MELLOR TEXTO ORIXINAL EN GALEGO: Avelino González, Artur Trillo, María Ordóñez e Sechu Sende (Pelos na lingua de Talía Teatro)
– MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Mónica García (Citizen Total de Grupo Chévere)
– MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Vicente de Souza (Tango de Sarabela Teatro)
– MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Patricia de Lorenzo (Citizen Total de Grupo Chévere)
– MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo (Oeste Solitario de Produccións Teatrais Excéntricas)
– MELLOR DIRECCIÓN: Xesús Ron (Citizen Total de Grupo Chévere)
– MELLOR ESPECTÁCULO: Citizen Total de Grupo Chévere
* Fotos de Corsino e Luis Ramirez.
1 Comentario