A revolucionaria banda galega Marful presenta hoxe no Auditorio municipal de Ourense o seu traballo Manual de seducción, nun concerto que terá lugar ás 20:30 horas. Marful está considerada das mellores bandas galegas da última década e o seu Manual de Sedución esgotou a súa primeira edición ao mes da súa presentación, e a segunda seis meses despois. Dende entón foron moitos os que desfrutaron e se namoraron coas súas letras e a súa música.
Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes). Neste concerto faranse acompañar de José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. As entradas custan 8 euros e están dispoñibles na billeteira do Auditorio.