Galicia10 deséxavos un feliz Día das Letras Galegas. Aos que esteades a desfrutar dunha xornada festiva ou mesmo teñades a sorte de facer ponte esta fin de semana e queirades vivir esta efeméride dun xeito especial, recomendámosvos que non deixedes de botarlle un ollo ao noso último número. Nel atoparedes un interesante roteiro literario que vos achegará as terras de Celanova a través dunha das grandes figuras das nosas letras: Manuel Curros Enríquez.
Aos que vos quede un pouco lonxe esta opción sempre podedes visitar nestes días algunha das interesantes exposicións adicadas ao homenaxeado desde ano Valentín Paz Andrade, como a recén inaugurada esta semana en Vigo.
Revista de primaveira 2012 de Galicia10 – Na páxina 68 comeza o artigo «Celanova: O roteiro currosiano»