O folleto encartouse para os subscritores da revista Quercus do mes de maio. Editáronse 15.000 exemplares para distribuír coa publicación especializada máis importante do sector en España e 7.000 exemplares que Turgalicia distribuirá nas feiras e eventos especializados en turismo ornitolóxico, activo ou de aventura aos que ten programada a súa asistencia.
En Galicia existen 61 espazos de alto interese ornitolóxico e repartidos polos 14 xeodestinos turísticos definidos na comunidade. Estes espazos están clasificados segundo os hábitats e pódense atopar zonas de litoral e mar aberto; áreas agrosilvopastorís; canóns e vales fluviais; áreas montañosas e boscosas; humedais interiores e contornas urbanas.
Existen ademais dez áreas identificadas como as de maior potencialidade das zonas de alto interese ornitolóxico, que son: Estaca de Bares e O Barqueiro; Ría de Ortigueira e Ladrido; Costa das Morte; Complexo Ons-O Grove; Humedais da Terra Chá; Montes de Cervantes (Os Ancares); Ribeira Sacra Sur (Canón do Sil), Serra da Enciña da Lastra; A Limia; Oímbra, Monterrei e Verín.
Moitas grazas pola difusión da información sobre turismo ornitolóxico galego!
Aos interesados en profundizar na información gustaríanos indicarlles que na nosa páxina web poden atopar información máis detallada http://bit.ly/ey7jGk
Do mesmo xeito, tamén é posible facerse con un exemplar gratuíto da publicación mencionada no noso mail habitual cir.turgalicia@xunta.es
Saúdos!!