ene
10
2012
O Camiño Mozárabe estará en Xantar 2012
O Camiño Mozárabe a Santiago será un dos protagonistas de Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que celebrará a súa decimoterceira edición en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro de 2012. Entre os obxectivos deste ano destaca o posicionamento dun proxecto de cooperación transfronteriza e interterritorial no que destacará a promoción do Camiño Mozárabe ou Vía da Prata, a través da presenza na feira da gastronomía das rexións que atravesa esta ruta e que participarán como comunidades convidadas: Andalucía, Estremadura, Castela e León, ademais de Galicia. Coa finalidade de reforzar a promoción conxunta dos concellos
