A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou a V edición do Outono gastronómico en Turismo Rural, unha promoción desenvolvida por Turgalicia e a rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia que combina a gastronomía e a estancia nas casas rurais galegas a prezos moi competitivos.
O Outono gastronómico en Turismo Rural, que se desenvolverá entre os días 15 de setembro e 18 de decembro, é un programa polo que cada unha das casas de Turismo Rural participantes ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para a ocasión. Así, a oferta Menú Outono gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.
Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete Outono gastronómico que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoctar na casa de Turismo Rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. O Paquete Outono gastronómico componse dun menú por persoa máis aloxamento e almorzo nunha nunha das casas de Turismo Rural participantes na promoción, noite de venres ou sábado a escoller. O prezo é de 110 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 70 euros para unha persoa en cuarto individual.
Outra das posibilidades que se recolle na promoción Outono gastronómico de 2011 é gozar da Fin de semana Outono gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento –noite de venres e sábado-. O prezo é de 190 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 130 euros para unha persoa en cuarto individual.
Para compartir coa familia unha fin de semana dentro deste programa turístico, existe a Fin de semana familiar Outono gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 250 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo da fin de semana será de 290 euros.
Todas las casas de turismo rural participantes en la presente edición del Outono Gastronómico junto con los menús ofertados pueden consultarse en el siguiente enlace a la web de Turgalicia: http://bit.ly/oxQI6V