Os establecementos hoteleiros de Galicia rexistraron en novembro un lixeiro crecemento na demanda hoteleira dun 2,5% do volume de viaxeiros aloxados, cun total de 181.230 viaxeiros segundo datos facilitados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Do mesmo xeito, produciuse un incremento das pernoitas nos establecementos hoteleiros – hoteis e pensións-, do 1,1%, cun total de 383.891. Sobe tamén a ocupación nos establecementos hoteleiros, en concreto, 0,36 puntos porcentuais con relación a 2011.
No mes de novembro, Galicia segue rexistrando un crecemento do turismo internacional nos establecementos hoteleiros rexistrando un incremento do 2,1% no relativo aos viaxeiros aloxados e do 4,5% nas pernoitas.
Ademais, o número de peregrinos en novembro foi de 4.172, o que supón un aumento do 16% máis respecto a novembro de 2011, segundo datos da Oficina do Peregrino. Os peregrinos estranxeiros, que representan o 56% do total, aumentaron un 32,1%.