A iniciativa Cancións por regalos abrirá a programación da Cidade da Cultura para este novo ano 2012 cun concerto solidario mañá martes 3 de xaneiro ás 18.00 horas na Biblioteca de Galicia. Este actividade contará coas actuacións de cinco das mellores bandas pop nacionais, onde para entrar non fará falla mercar unha entrada, senón que abondará con entregar un regalo que despois a ONG Iniciativa Social Berce fará chegar a un neno con poucos recursos.
Mehnai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Bentley e Abraham Boba serán os protagonistas da segunda edición de Cancións por regalos, iniciativa que se celebrou o ano pasado durante a programación do Xacobeo 2010 e que contou cunha excepcional acollida por parte do público. As bandas que participantes ofrecerán un repertorio adaptado a un formato acústico e dirixido a un público familiar.