Tras a súa estrea en Vigo, o espectáculo Mundo Lois chega hoxe á cidade de A Coruña para comezar a súa xira por diferentes vilas e cidades galegas.
Mundo Lois é unha homenaxe ao poeta monfortino Lois Pereiro ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Unha idea de Antón Reixa que dirixiu e adaptou Lino Braxe, quen sobe ao escenario coa actriz Antela Cid para dar voz aos versos de Pereiro.
O espectáculo é unha mistura dos seus poemas con material audiovisual e musical (desde cancións pop dos Beatles ou Radio Océano a música culta explicitada polo autor).
Trátase dunha coprodución das compañías Nordesía, Filmanova e Kachet, que hoxe se representa no Teatro Rosalía de A Coruña ás 20:30 horas.