Aquí vos deixamos unha suxerencia para esta fin de semana previa a San Valentín: degustar porco celta en Manzaneda.
Os vindeiros sábado 12 e domingo 13, o concello celebra as IV Xornadas Gastronómicas e de recuperación do Porco Celta. O programa de actividades comezará o sábado pola mañá cunha matanza tradicional no pavillón de Manzaneda. Inauguraráse a III Mostra de Artesanía e, tralo xantar, haberá un sorteo dun porco celta e unha charla sobre este animal.
O domingo as xornadas continuarán cun concurso de cociña que utilice como ingrediente principal o porco.
A Estación de Montaña Manzaneda participará no evento incluindo no seu menú pratos elaborados con porco celta.