Por segundo ano consecutivo, a Secretaría Xeral para o Turismo e maila Dirección Xeral de Xuventude da Xunta ofrecen 500 plazas para que mozos galegos gocen dunha estadía de fin de semana en 8 balnearios galegos.
Está dirixido a persoas de entre 18 e 35 anos e, baixo o nome “Noites Saudables”, trata de promover o termalismo entre a xente nova. O programa desenvolverase desde a primeira fin de semana de marzo á segunda de abril.
Participan 8 balnearios: Balneario Acuña, Hotel Balneario de Pambre, Arnoia Caldaria, Lobios Caldaria, Laias Caldaria, Balneario de Lugo, Balneario de Augas Santas e Hesperia Illa da Toxa. Os prezos cofinanciados van desde os 57,50 euros ata os 91,26 euros por persoa e programa. As inscricións van por rigorosa orde de reserva e poden facerse a través dos teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981 545 822 e 981 541 689.