O equipo de Galicia10 lamenta a desastre ecolóxica que esta fin de semana tivo como protagonista ás Fragas do Eume, un parque natural de 9.000 hectáreas de bosque atlántico que alberga especies únicas e de gran valor natural. Segundo os datos desta noite 750 hectáreas resultaron afectadas polo incendio declarado o pasado sábado, das que unhas 500 corresponden ao parque.
Galicia10 mostra o seu apoio aos veciños afectados polo lume e súmase ás voces que esixen que se investigue en profundidade para atopar aos posibles causantes desta catástrofe medioambiental. Consideramos que feitos coma este son verdadeiros atentados contra a riqueza e patrimonio natural de Galicia á vez que poñen en perigo vidas humanas e, polo tanto, non deben quedar impunes. Aínda así, cremos que as penas que se impoñan non poderan reparar nin compensar o dano causado.
Desde este medio gustaríanos lanzar unha mensaxe de optimismo e solidariedade, por iso facemos un chamamento a galegos e turistas para que, nos vindeiros meses, apoien a zona e non deixen de visitar e percorrer este tesouro natural que temos en Galicia. Será un pequeno xesto persoal pero que, sumados os esforzos, axudarán a que a zona non perda turismo e a traxedia non implique máis perdas.
Na primavera de 2011, Galicia10 adicoulle unha reportaxe ás Fragas do Eume, aquí tedes o enlace ao número da hemeroteca e algunhas das fotos e vídeos da mesma:
[video_youtube width=»560″ height=»349″ shadow=»true» autoplay=»false» autobuffer=»true» ]http://www.youtube.com/watch?v=qxey6qG9dOM&list=UUfaqvap8nX5tTOqKxCd9a9w&index=15&feature=plcp&noredirect=1[/video_youtube]
[video_youtube width=»560″ height=»349″ shadow=»true» autoplay=»false» autobuffer=»true» ]http://www.youtube.com/watch?v=rKVuWLE9a1I&list=UUfaqvap8nX5tTOqKxCd9a9w&index=14&feature=plcp[/video_youtube]