Galicia10 é un medio de comunicación dixital orientado a divulgar información sobre o mellor do turismo, o ocio, a cultura e a gastronomía de Galicia.

Creado polo director de arte publicitaria Borja Calvo e a xornalista Lucía Casanova, o proxecto cumpriu 6 anos en marzo de 2016. Dende os seus inicios en 2010, publicáronse 18 números da revista dixital, máis de 2.000 posts e recibiu os premios de: Mejor Web de Empresa Turística no Salón FERPALIA 2010, o III Premio periodístico de la Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla e a Distinción GALLAECIA 2011 na categoría xornalística.

Co comezo do ano 2014, o proxecto renovou a súa web para dar un maior protagonismo aos seus principais contidos e achegar un estilo máis visual. Baixo as categorías Coñecer Galicia, Sentir Galicia, Vivir Galicia e Saborear Galicia, podedes acceder a información, fotografías e vídeos nos que descubriredes tesouros naturais, históricos, artísticos e culturais; o mellor da gastronomía; establecementos singulares; e o máis destacado das citas de ocio e culturais.

Todos estes contidos complétanse coas novas diarias e o acceso as nosas redes sociais, onde as informacións vanse actualizando diariamente con temas de interese para o sector turístico e cultural. Así mesmo, pódense visitar os números publicados da revista dixital na nosa Hemeroteca.

Espazos publicitarios flexibles, adaptados para ti

En Galicia10 temos unha oferta flexible destinada a anunciantes. Ofrecemos espazos publicitarios con gran variedade de formatos e de tempos de inserción.
Ponte en contacto connosco e ofrecerémosche a solución que máis che conveña.

CONTACTA CONNOSCO