Torres de Oeste. Catoira
Durante moitos séculos Catoira foi o principal enclave defensivo das nosas terras. Unha fortaleza con sete torres defendíanos dos ataques de normandos e sarracenos. Hoxe, unha capela e os restos de tres torres recórdannos un pasado que, cada ano, a romaxe viquinga se encarga de recrear.