Un día en Avifauna
Unha extensión de 30.000 metros cadrados, 600 aves, 300 especies de cinco continentes e todo ao noso alcance por uns 5 euros por persoa. Son algunhas das cifras de Avifauna, o parque zoolóxico ornitolóxico situado en Outeiro de Rei, a un cuarto de hora de Lugo e con doado acceso dende a A6.