O programa gastronómico do Ars Magirica que se realizará do 8 ao 22 de xuño en Lugo encádrase dentro das actividades do Arde Lucus 2012. Trátase dunhas xornadas gastronómicas que complementan ao resto de actividades pero dende un punto de vista culinario, de maneira que os cidadáns poidan coñecer os costumes gastronómicos da época.
Participan 46 establecementos hosteleiros que ofrecerán tapas e menús degustación de época romana e castrexa e con produtos que se empregaban nesa época. Esto irá acompañado da tarta do Arde Lucus, elaborada con améndoas e noz, e que estará a venda nas pastelerías da cidade e que, ademais, ofrecerán outros postres característicos. Tamén as panaderías quixeron participan na festa e nalgunhas delas poderase adquirir distintas variedade de pan romano.
Os restaurantes que ofrecen menú e tapas son o Restaurante Anda, Ave César, Café bar Catro Rúas, Mesón Capricho, Mesón Pulpería Santiso, O Mercado, Restaurante Los Roper´s, O Cincuenta e Seis, Os Cachivaches, Parrilla Novalucense, Vinoteca Kique, Paprica, Restaurante Porta Santiago, Restaurante Savoy, Taberna de Marcos e Parrillada Xabarín. Por outro lado, os locais que van ofrecer menudo degustación serán o Currucho A nosa terra, Restaurante A Rotonda, Restaurante Antas, Restaurante Campos, La Barra, Manuel, Manuel, Mesón de Alberto, Tosar, Verruga e Taberna de Daniel. Sen embargo, os locais que só ofrecen tapas serán American Bar, Café Bar El Cubano, Café Bar Groliños, Café Bar Rey, Café Bar Saxo, Café Egomundi, Cafetería Can-Cún, Cafetería Vía Láctea, Cafetería Xoldra, Camiño Real Cervecería, Cervecería Abadía, Cervecería Bríos, Cervecería Lagar, Mesón O Cunqueiro, Cafetería Illán, Restaurante Koki García, Parrillada Antonio, Roma Cervecería, Taberna As Cepas e Taberna Maside.
As pastelerías que participan na venda da tarta oficial serán Confitería Madarro, Confitería Mimos, Confitería Ramón, Confitería Santos, Pastelería Martín e Pastelería Yomar. Por outro lado, a venda de pan romano poderase facer nas panaderías Casa Raposo, Darío, El Abuelo, Fraga, Illán e Ousá que ademais farán unha degustación o sábado 16 de xuño na Praza Maior.
Outros establecementos como a Carnicería Montes, que terá un penil de porco celta á romana, ou a tenda Delicium Tremens, cun lote de produtos, participan na difusión da gastronomía romana e castrexa.