A cidade de Pontevedra, tralo éxito de edicións anteriores, celebra, desde o pasado venres unha nova edición do concurso gastronómico de pinchos PontedeTapas do que se poderá gozar ata o vindeiro domingo, 3 de xuño.
Nesta ocasión participan 53 hostaleiros locais que tentarán gañar o padal do consumidor con propostas do máis diferente. O prezo mantense en 1,50 euros e os clientes que enchan o cupón de votación e o depositen nas urnas habilitadas nos locais adheridos participarán no sorteo de 15 premios moi atractivos: os tres principais son tres viaxes para dúas persoas de 8 días de duración a Punta Cana, Madeira e Tenerife, respectivamente. Hai cinco fins de semana en casas de turismo rurais, catro “Menús da ría” e tres cheques-regalo no comercio local.
O obxectivo de PontedeTapas é dobre: por un lado promocionar a cidade e, por outro, apoiar ao sector da hostalería-restauración. Ademais os organizadores contan con que se cheguen a superar as 40.000 tapas.