O alumno do CSHG, Juan Calvo, participará na final da quinta edición do Hyatt Student Prize, un concurso onde Hyatt Hotels & Resorts escolle ao mellor estudante en xestión hoteleira do continente europeo. O Centro Superior de Hostelería de Galicia foi seleccionado entre as 19 mellores escolas europeas e é a única de España para competir en dito certame que terá lugar hoxe en París.
Despois dunha fase previa, Hyatt elexiu a oito finalistas, entre eles o CSHG. Juan Calvo competirá por ser o mellor nun concurso que se celebrará no Hotel Park Hyatt París-Vendôme. Para asegurar a neutralidade, o xurado, de cinco persoas, fórmano xente allea á cadea hoteleira estadounidense. Son profesionais do mundo da televisión e do entretemento, arte e literatura e que están encabezados pola xornalista Anne-Sophie von Claer, editora do xornal Le Figaro.
Na final, os estudantes terán que demostrar a súa motivación, personalidade, adaptabilidade e o seu respecto pola profesión e os clientes. O xurado preguntaranlles sobre diferentes aspectos relacionados co sector. O vencedor permanecerá unha semana de prácticas na central da cadea en Chicago, outra semana na base de operacións rexional en Zurich e a terceira será unha semana nos hoteis da cadea en París.