Entrevista a Iago Castrillón, chef do restaurante Acio
Iago Castrillón, chef galego nacido en Vilanova de Lourenzá, dirixe dende 2008, xunto coa sumiller Eva Pizarro o restaurante Acio. Situado en pleno corazón compostelán, a escasos metros da catedral de Santiago, o local acaba de recibir o premio Restaurante Revelación 2013 de Madrid Fusión.