MENTRES AS CIDADES POÑEN EN MARCHA AS SÚAS PISTAS DE XEO E ACTIVIDADES DE NADAL, AS SALAS GALEGAS OFRECEN TEATRO, MÚSICA E HUMOR.
- Actuación de Dani Wilde ás 21:00 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
- Sondeseu ofrece un concerto ás 21:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
- Sarabela Teatro representa no Auditorio Municipal de Ourense Normas para saber vivir na sociedade actual. Será ás 20:30 horas.
- Venres e sábado o Teatro Colón da Coruña acolle Monólogo do imbécil.
- Budiño celebra o 20º aniversario do seu primeiro disco cun concerto ás 21:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
- O Centro Dramático Galego representa O Tartufo, sábado e domingo, no Teatro Principal de Ourense.
- O Teatro Jofre de Ferrol acolle, ás 20:30 horas, Hamlet.
- O Teatro Jofre de Ferrol ofrece, ás 19:30 horas, o novo espectáculo de LaMacana, Invisible Wires.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas más citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou localidade, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )