ADEMAIS DA PROGRAMACIÓN DO NADAL QUE OFRECEN AS CIDADES GALEGAS CON ACTIVIDADES INFANTÍS E PISTAS DE XEO, A NOSA COMUNIDADE OFRECE TODO TIPO DE ESPECTÁCULOS PARA GOZAR ESTAS DATAS
- Carlos Núñez actúa o 26 de dicembro no Teatro Jofre de Ferrol.
- O auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle a presentación do novo disco de María Fumaça.
- Dreams, el musical estará no Teatro Colón da Coruña o martes, 27 de dicembro; o 28 no Auditorio ABANCA de Santiago; noAuditorio Gustavo Freire de Lugo o día 29; e no Teatro Jofre de Ferrol o 4 de xaneiro.
- O Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle El Lago de los cisnes o día 30 de dicembro.
- El Cascanueces chegará o 7 de xaneiro ao Teatro Afundación de Vigo e o 8 ao Auditorio Afundación de Pontevedra.
- O 29 e o 30 de dicembro Jorge Blass presenta o seu espectáculo de maxia no Teatro Colón da Coruña.
- Pedro Volta estará con Ilusionante no Auditorio Municipal de Ourense o 2 de xaneiro.
- O Teatro Jofre de Ferrol ofrece o espectáculo do ilusionista Martín Varela.
- O musical La Bella y la Bestia estará o luns 26 de decembro no Teatro Colón da Coruña, o martes 3 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense e ao día seguinte no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
- Os Pica-Pica actúan o día 26 de decembro no Teatro La Salle de Santiago e o día 27 na sede de Afundación de Pontevedra.
- Do 26 ao 30 de decembro, A Coruña acolle unha nova edición do Festival de Títeres María José Jove.
- O Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ofrece o musical de Charlie y la Fábrica de Chocolate. Será o 4 de xaneiro.