O próximo 14 de febreiro, finaliza o prazo para que todas aquelas adegas que pertenzan a un Pequena D.O. poidan inscribir os seus viños no 1º Concurso Nacional de viños de Pequenas D.O’s.
O concurso ten dous obxectivos: por unha banda, dar a coñecer os viños producidos en pequenas rexións vinícolas españolas e, por outra, impulsar variedades de uva pouco coñecidas que sen este tipo de iniciativas poden chegar a desaparecer.
Para poder participar neste concurso as adegas deben cumprir dous requisitos básicos: estar adscrita a algunha das 59 zonas xeográficas que producindo viños con D.O.P. (Denominación de Orixe Protexida) embotellen menos de 4,5 millóns de botellas e producir viños encadrados en calquera das catro categorías máis altas da pirámide de calidade dos viños españois, isto é Viños de Pago, Denominación de Orixe Cualificada, Denominación de Orixe ou Viños con Indicación Xeográfica Protexida.
Máis información: