O municipio pontevedrés de Cambados acaba de ser elixido como Cidade Europea do viño 2017, unha distinción que cada ano outorga a Rede Europea de Cidades do Viño, integrada por máis de 800 urbes deste continente. A localidade galega impúxose a outros concellos españois como Aranda del Duero ou Vilafranca del Penedés.
Grazas a este galardón, o concello galego -que pertence a unha das zonas de maior produción da D.O. Rías Baixas- poderá darse a coñecer a través de diferentes actividades relacionadas coa enoloxía e o enoturismo que se celebrarán ao longo do próximo ano.