OS NENOS E OS ESPECTÁCULOS DE CARÁCTER FAMILIAR SEGUEN PROTAGONIZANDO A AXENDA GALEGA. O ANO DESPÍDESE, TAMÉN, CON MÚSICA E TEATRO.
O espectáculo Panorama Kids estará no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago con dobre función: ás 17:00 e ás 19:30 horas. Orquestapanorama.com
O Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle a actuación do ilusionista Pedro Volta ás 18:00 horas. Pedrovolta.com
Peppa Pig, la búsqueda del tesoro chega, venres e sábado, ao Pazo da Ópera da Coruña. Proactiv.es/peppa-pig-2014
Quico Cadaval, Manuel Lourenzo e Celso Sanmartín levan Contos na lareira ao Teatro Colón da Coruña, a partir das 20:30 horas.
Na Coruña comeza o IX Nadaliño, salón de ocio da Coruña, que estará no Palexco ata o 30 de decembro. Facebook.com/nadalino.salonocionavidad
Velada de zarzuela no Teatro Jofre de Ferrol a partir das 20:30 horas con La Revoltosa e Antología Madrileña.
Tras o seu paso por Santiago, Panorama Kids chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 17:00 e ás 19:30 horas. Orquestapanorama.com
Juan D e Beatriz chegan co seu Cohete Musical ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 18:00 horas. Ciudadarcoiris.es
Xoan Curiel actúa ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. Xoancuriel.com
Carlos Núñez presenta Inter Celtic ás 20:30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Carlosnunez.com
Sábado e domingo Borja Quiza estará con Cool Swing no Teatro Colón da Coruña. Borjaquiza.com
Diverplay leva o seu espectáculo familiar Navidades Mágicas ao Teatro Jofre de Ferrol ás 18:00 horas. Diverplay.es
O auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ofrece A nena e o grilo nun barquiño ás 18:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )