Na foto: Tempest Trio.
O Teatro Colón da Coruña acaba de presentar a súa programación para o mes de xaneiro que inclúe 12 espectáculos que van dende os concertos ao teatro pasando polo humor e propostas didácticas.
A oferta do mes arrinca esta fin semana con dous espectáculos familiares: o día 2 La Calabaza de Pippa e o día 3 Dreams un mundo mágico. A programación continúa o 9 de xaneiro coa obra de teatro accesible Noche de Reyes, á que seguirá, o día 10, o humor de Noites de Retranca.
O seguinte fin de semana comezará, o día 16, cun concerto de músicos locais para conmemorar o XX aniversario do Bristol bar. O día 17 representarase o musical Miguel de Molina al desnudo.
Teatro do Noroeste propón, o día 23, a obra Linda and Freddy, ilusionistas, mentres que o día 24 haberá un concerto de Khitara, Unha viaxe íntima pola historia do rock. O día 25, novo recital do Ciclo de grandes intérpretes a cargo de Tempest Trío.
O día 29, teatro en inglés para os máis pequenos da casa coa representación de Robin Hood. O día 30, Ismael Serrano chega ao teatro coa súa xira La llamada e o día 31 represéntase Love Room.