MOITO TEATRO ADEREZADO CON MÚSICA, MAXIA E HUMOR NUN FIN DE SEMANA DE GRANDES EVENTOS.
O Ifevi de Vigo acolle, durante todo o fin de semana, o evento Galiexpo Motorshow. Galiexpo.com
A obra O Crédito represéntase ás 20:30 horas no Teatro Afundación de Vigo.
A banda Brothers in Band actúa no Auditorio Afundación de Pontevedra ás 21:30 horas. Brothersinband.com
Venres e sábado o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a representación da obra Donde hay agravios no hay celos. Será ás 20:30 horas.
Santi Rodríguez leva ao Teatro Colón da Coruña o seu espectáculo Como en la casa de uno… En ningún sitio. Santirodriguez.es
Concerto de Ariel Rot ás 21:30 horas na Sala Capitol de Santiago. Arielrot.com
Durante todo o fin de semana Arzúa celebra unha nova edición da Festa do Queixo. Festadoqueixo.org
A maxia de Yunke chega ao Auditorio Abanca de Santiago da man do seu espectáculo Conjuro ás 20:00 horas. Yunke.es
Tras o seu concerto en Pontevedra, Brothers in Band actúa ás 21.30 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago. Brothersinband.com
Pedro Volta ofrece no Teatro Principal de Pontevedra dobre función do seu espectáculo Ilusionante. Será ás 17:30 e ás 20:00 horas. Pedrovolta.com
Santi Rodríguez estará no Teatro Afundación de Vigo ás 21.00 horas. Santirodriguez.es
Pablo Milanés ofrece un concerto ás 21:00 horas no Teatro Colón da Coruña. Milanespablo.com
Palexco, na Coruña, acolle ata o luns o evento Beauty Galicia 2015. Beautygalicia.es
Mofa e Befa presentan Bobas&Galegas no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas. Excentricas.net/es/mofa-e-befa
Dentro da XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo, o Auditorio Gustavo Freire acolle ás 20:30 horas La flauta mágica.
O Teatro Principal de Ourense acolle a representación da ópera Nabuco ás 19:00 horas.
O Teatro Colón da Coruña ofrece o espectáculo infantil de danza Xoga ás 19:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )