TEATRO, HUMOR, CONCERTOS, FESTAS TRADICIONAIS E GASTRONÓMICAS SON AS PROPOSTAS PARA ESTA PONTE.
Xoves e venres Joglars representa o seu espectáculo Vip no Teatro Afundación de Vigo ás 20.30 horas. ELSJOGLARS.COM
Ferrol celebra unha das súas festas máis singulares, as Pepitas, co seu festival de rondallas. FERROL.ES
Venres e sábado o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a representación de O principio de Arquímedes ás 20:30 horas.
Luis Piedrahita estará con El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable ás 20:30 e ás 22:30 horas no Teatro Colón da Coruña. LUISPIEDRAHITA.COM/BLOG
Voadora leva a escena A Tempestade no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00 horas. VOADORA.ES
Carlos Blanco e Luis Davila estarán con Menú do día ás 20:00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.
De venres a domingo o IFEVI de Vigo acolle a feira Retro Galicia Vigo, en paralelo ao XXIV Salón del Automóvil que se celebra desde o pasado día 14. EVENTOSMOTOR.COM
Ibuprofeno Teatro estará con O Furancho no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
Joaquín Sabina ofrece un concerto no Coliseum da Coruña ás 22:00 horas. JSABINA.COM
O Teatro Afundación de Vigo acolle Keltia, el musical ás 20:30 horas. FACEBOOK.COM/KELTIAELMUSICAL
Segue o ciclo Jazz no Principal no Teatro Principal de Pontevedra con Horacio Fumero & SPJ Group ás 21:00 horas. HORACIOFUMERO.COM
Martirio e Raúl Rodríguez actúan no Teatro Principal de Santiago ás 20.30 horas.
Concerto de Finntroll ás 22:15 horas na Sala Capitol de Santiago. FINNTROLL-MUSIC.COM
San Ciprián (Cervo) celebra a XXIV edición da Festa do Ourizo. CONCELLODECERVO.COM
Tras o seu paso por Santiago, Martirio e Raúl Rodríguez actúan no Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 20:30 horas.
Startrip de Yllana represéntase ás 18:30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. YLLANA.COM
Joglars chega con Vip ás 20:30 horas ao Auditorio Afundación de Pontevedra. ELSJOGLARS.COM
Friol celebra a XXIII Feira do Queixo e pan de Ousá. CONCELLODEFRIOL.ES
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )