A CHEGADA DE AGOSTO DÉIXANOS UN FIN DE SEMANA CARGADO DE CITAS GASTRONÓMICAS E DE FESTIVAIS MUSICAIS.
Venres
- Kiko Veneno actúa dentro da LXII Festa do Viño Albariño de Cambados. Será ás 23:00 horas. Kikoveneno.net – Cambados.es – Programa de festas
- Arranque oficial das festas de María Pita en A Coruña con pregón e concerto de Luz Casal, a partir das 21:15 horas. Luzcasal.es – Programa de festas
- A Mostra da Olería de Buño, en Malpica se celebra ata o 10 de agosto e cumpre 31 anos. Concellomalpica.com
Sábado
- Última xornada do Resurrection Festival de Viveiro. Resurrectionfest.es
- Albert Pla ofrece un concerto ás 01:00 horas no Náutico de O Grove. Albertpla.com – Elnautico.org
- A Praza de Fefiñáns de Cambados acolle ás 23:00 horas unha actuación de Juan Magán dentro da LXII Festa do Viño Albariño. Juanmagan.es – Programa de festas
- A praia de Razo en Carballo celebra unha nova edición de Sereas e piratas con actividades durante todo o día e concertos pola noite. Sereasepiratas.net
- Zas celebra a XXI edición da súa Festa da Carballeira. Concellodezas.org
- A Feira do Bonito de Burela cumpre 30 anos. Burela.org
- Sábado e domingo Fisterra celebra unha nova edición, a XXIII, da Festa do longueirón. Concellofisterra.com
- En Padrón se exalta un dos seus productos máis internacionais: o pemento, coa XXXVI Festa do pemento de Herbón. Pementodeherbon.com
- Sábado e domingo Guitiriz celebra o XXXV Festival de Pardiñas. Xermolos.org
Domingo
- Oímbra celebra a XVII Feira do Pemento. Oimbra.es
- Catoira acolle o día grande da súa Romería Vikinga que chega aos 54 anos de existencia. Vikinga.es
- Sada clausura a II Feira Modernista. Concellodesada.com
- En Moaña o CEIP Reibón acollerá a Festa do Mexillón, organizada pola Asociación de Mulleres de Moaña.
- Xornada central da LXII Festa do Viño Albariño con desfile, investidura de damas e cabaleiros e espectáuculo pirotécnico. Cambados.es – Programa de fiestas
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )