O próximo 2 de agosto Piratas de Nabia organiza a primeira proba de Orientación Nocturna na illa de Ons en colaboración con VIO Viaxes.
Trátase dunha reunión para gozar en familia e para poñer a proba as súas habilidades, xa que terán que ser capaces de buscar a ruta baixo a luz da lúa e cunha lanterna como único apoio. Ademais, os mellores disfraces de personaxes de terror recibirán 30 puntos adicionais na proba.
A saída realizarase dende Bueu ás 18:00 horas e a volta realizarase as 1:30 horas. O prezo do billete será de 20 euros por adulto e a metade para os máis pequenos. Os interesados pode reservar praza en reservas@vioviajes.com ou no teléfono 986 44 16 78.
Esta iniciativa súmase a outras accións da navieira como a Noite Meiga do 1 de agosto ou as Rutas do Mexillón e as excursións históricas a San Simón que se realizan os domingos.