
Galicia é a quinta comunidade española con mellores previsións de ocupación en turismo rural para o próximo mes de agosto, tal e como se desprende dos datos que manexa o buscador Toprural.
En concreto, a ocupación sitúase no 56 por cento, a falta das reservas de última hora, fronte ao 44 por cento de ocupación media en España.
Por provincias, Pontevedra será a que rexistre unha ocupación máis elevada, cunha previsión do 64 por cento; seguida da Coruña, co 54 por cento; Lugo, co 46 por cento e Ourense, co 39 por cento.
Por comunidades, Cataluña lidera o ranking nacional cun 63 por cento de ocupación prevista, seguida por Navarra, Euskadi e Asturias.