MÚSICA, TEATRO, HUMOR E FESTAS NUN FIN DE SEMANA NO QUE O POLBO DE LUGO E O MARISCO DO GROVE POÑERÁN O TOQUE GASTRONÓMICO
- Loquillo actúa ás 21:00 horas dentro das festas do San Froilán en Lugo. Será na praza Horta do Seminario. sanfroilan.info
- Coti ofrece un concerto ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. cotioficial.com
- O Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Ella en mi cabeza ás 20:30 horas.
- Ata o 16 de octubre O Grove celebra unha nova edición da súa tradicional Festa do Marisco. turismogrove.es
- O Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle ás 21:00 horas o espectáculo Dirty Dancing-Sing Along.
- Concerto de Abraham Mateo na praza Horta do Seminario, dentro do San Froilán de Lugo. Será ás 21:00 horas. sanfroilan.info
- Contos na lareira chega ás 21:00 horas ao Teatro Colón da Coruña.
- O Pazo da Cultura de Pontevedra ofrece ás 21:00 horas Noites de Retranca.
- Con motivo do San Froilán, en Lugo, María do Ceo actuará coa Banda Municipal na praza de Santa María, ás 20:00 horas; mentras que ás 21:30 horas, Bebe ofrece un concerto na praza Horta do Seminario. sanfroilan.info
- O Teatro Jofre de Ferrol acolle, ás 20:00 horas, o espectáculo Hey Bro, Hipster Show.
- No Teatro Principal de Ourense represéntase ás 19:00 horas, Helena, xuízo a unha lurpia de Teatro do Atlántico.
- O Auditorio Municipal de Ourense ofrece Noites de Retranca ás 19:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )