A SEMANA SANTA GALEGA OFRECE MÚLTIPLES POSIBILIDADES TANTO PARA VIVILA DENDE O PUNTO DE VISTA RELIXIOSO COMA PARA GOZAR DA GASTRONOMÍA OU DOUTRO TIPO DE ESPECTÁCULOS.
FERROL. Declarada de Interese turístico internacional, ofrece a visitantes e veciños máis de 20 procesións, sendo o xoves e o venres santo, os días nos que máis fieis danse cita. Semanasantaferrol.org
VIVEIRO. Tamén declarada de Interese turístico internacional, destaca por ser unha das máis antigas de Galicia, por a cantidade de turistas que se achegan e polo seu valor artístico. Semanasantaviveiro.com
FISTERRA. Declarada de Interese turístico nacional, as procesións se celebran desde o venres de Dores, ainda que unha das súas peculiaridades é a representación da resurrección que se celebra cada Domingo de resurrección (20 de abril). Concellofisterra.com
CANGAS. Declarada de Interese turístico de Galicia, é outra das celebracións clásicas da nosa comunidade. Destaca, entre outras a procesión da Santa cena, o Xoves Santo. Cangas.org
Practicamente todas as localidades galegas viven a Semana Santa dende o punto de vista relixioso coa celebración de procesións. Non obstante hai varias localidades que destacan e que, ano tras ano, reciben miles de visitantes.
XXIII FEIRA DO REQUEIXO E DO MEL DE AS NEVES. O venres, 18 de abril se celebra unha nova edición desta festa gastronómica declarada de Interese turístico de Galicia. Asneves.com
XXVIII FEIRA DA D.O. CEBREIRO. Un dos deliciosos queixos galegos con denominación de orixe, é de O Cebreiro que conmemora o seu día cunha feira que se realiza o venres 18 de abril. Cebreiro.es
XVIII FESTA DO CONGRO. En plena Costa da Morte, o venres Muxía celebra unha nova festa gastronómica que inclúe degustación de congrio a partir das 13.00 horas. Concellomuxia.com
XX FESTA DA RAIA DE PORTONOVO. Un dos concellos turísticos galegos por excelencia, Sanxenxo, celebra, de venres a domingo, esta festa con degustacións, obradoiros, exposicións, actividades culturais e folclóricas. Sanxenxo.es
XXXII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA. O concello da provincia de Lugo celebra o sábado e o domingo unha nova edición da súa tradicional feira que inclúe, ademáis de exposición de productos no recinto feiral, concursos, actividades musicais, culturais e de animación. Concellodequiroga.com
XLIV FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN. O domingo, 20 de abril, o concello de Portomarín rinde homenaxe a un dos seus productos de máis fama: o augardente. Concellodeportomarin.es
Durante esta Semana Santa o Teatro Colón da Coruña celebra o I Festival de Contacontos e Teatro en Inglés, con funcións o xoves, venres e sábado ás 11.00 e ás 12.30 horas. O xoves se representa Wizard of Oz, o venres Sherlock Jr. e o sábado King Arthur. O domingo a función será ás 17.30 horas e se representará Planet E.
Ourense acollerá durante os próximos días varios espectáculos: o xoves o espectáculo musical Pink Floyd Live Experience no Auditorio Municipal; o sábado no mesmo escenario Os anos 80 vistos polo Mago Teto; e o domingo, tamén no Auditorio a obra Sopa de sapo de Talía Teatro.
EQUIOCIO 2014. O recinto feiral suma unha nova edición deste clásico da Semana Santa ferrolá con actividades para disfrutar en familia, que complementan o concurso de saltos. Equiocio.es
XXIV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS. De mércores a domingo, esta localidade coruñesa rinde homenaxe a unha das artesanías máis famosas de Galicia. Como é habitual haberá concursos e desfiles e unha ampla programación complementaria dirixida a toda a familia. Camarinas.net
FESTAS DO SANTO CRISTO EN FISTERRA. De forma paralela á celebración relixiosa, Fisterra acolle, de venres a luns estas festas que inclúen as actuacións de diversas orquestras, charangas e xogos infantís. Concellofisterra.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )