O TEATRO E OS ESPECTÁCULOS DE SALA MONOPOLIZAN O ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE NOVEMBRO.
Ata o domingo o Coliseum da Coruña acolle varias funcións do espectáculo The Hole. Theholeshow.com/web
Venres e sábado o Teatro Colón da Coruña acolle o Cascanueces a cargo de Usmanov Classical Russian Ballet. Será, ambos os días, ás 20:30 horas.
O Auditorio Gustavo Freire de Lugo ofrece o espectáculo Viramos tolos pola tele, un monólogo colectivo con 4 humoristas galegos. Será ás 20:30 horas. Airapro.com
A obra Taitantos represéntase ás 20:30 horas no Centro social Afundacion Pontevedra.
Trendingtronching segue a súa xira galega con Leo Harlem e Sergio Olalla ás 21:30 horas no Pazo da Cultura da Pontevedra.
O Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, representa Eurozone no Auditorio do concello ás 21:00 horas. Grupochevere.eu
Continúa no Teatro Rosalía Castro da Coruña o ciclo TRC Danza con Salón Otto ás 20:30 horas.
O Centro social Afundación de Pontevedra acolle Contos na lareira con Carlos Blanco e Celso Sanmartín ás 20:30 horas.
Ás 22:30 horas o Centro Cultural Afundación de Vigo acolle un novo recital do ciclo Voces Femeninas.
Trendingtronching ofrece dobre función no Centro Cultural Afundación de Vigo ás 18:00 e ás 21:00 horas.
Tras o seu paso por Pontevedra, Taitantos chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 21:30 horas.
No Teatro Jofre de Ferrol represéntase ás 19:00 horas Cyrano de Bergerac.
O Teatro Principal de Ourense acolle a representación de En un lugar del Quijote ás 19:00 horas.
Leo Harlem e Sergio Olalla protagonizan Trendingtronching ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ourense.
Taitantos chega ao Centro Cultural Afundación de Vigo ás 19:30 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )