Imaxe de www.manzaneda.com
A Deputación de Ourense e OCA Manzaneda colaboran nun programa de actividades de inverno na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda denominado Esquiou 2015 que ten como obxectivo achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense, de idades entre os 9 e os 12 anos.
O prazo de inscrición para o programa está aberto ata o vindeiro 15 de decembro, e desenvolverase nos meses de inverno nas instalacións da estación de montaña. Inclúe dúas noites de aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A duración do programa é de tres días, de luns a mércores, e os interesados deberán aboar unha cota de 29 euros.
A piques de comenzar a tempada, a estación abordou unha serie de melloras que inclúen a apertura de cuatro novas pistas, pasando a contar cun total de 23 e un dominio esquiable próximo aos 17 quilómetros.
MANZANEDA.COM