O xefe de cociña galego con Estrela Michelin, Pepe Solla, e a empresa de embutidos Torre de Núñez, colaboran nun novo proxecto que se presentará mañá: un receitario que inclúe doce gastropropostas nas que o embutido é o protagonista.
Tradición e modernidade fusiónanse nesta proposta que ofrece unha alternativa para cada un dos meses do ano: Arroz cremoso de cogomelos e bacon, Crema de cabaza con chourizo e queixo, Ensalada Rusa rabiosa con xamón cocido, Dim-Sum de botelo e salsa agridoce, Fajita de nabo e lacón, son algunhas das suxestivas receitas nas que a creatividade do xefe de cociña e a calidade dos produtos permitiron acenos á cociña internacional sen escaparse da esencia galega.