A Guía Repsol 2015 contará cun total de 37 soles para 26 restaurantes galegos. Un deles, o de Pepe Solla, terá 3 soles converténdose no primeiro da comunidade que o logra, 9 restaurantes terán 2 soles e 16, un sol.
En total, Galicia contará en 2015 con 8 soles máis que este ano e con tres novos restaurantes que obteñen o seu primeiro sol: A Estación, A Gabeira e Árbore da Veira.
Deste modo, Galicia segue a consolidar a súa posición como destino gastronómico de calidade, xa que na nosa comunidade hai un total de 50 restaurantes certificados coa Q de Calidade Turística e, ademais, 12 establecementos lograron a Estrela Michelin.