O turismo rural rexistra un 39% de ocupación na nosa comunidade para esta ponte de decembro, o que a sitúa como a de menor porcentaxe de reservas, segundo o portal Tuscasasrurales.com que baralla unha ocupación media en casas rurais prevista do 62,8%.
A comunidade que lidera a ocupación durante esta ponte é Navarra cun 89,8% de ocupación seguida da Comunidade de Madrid, cun 83,1%, e La Rioja, cun 80% da ocupación rural.
Respecto á provincias con maior ocupación destaca Burgos cun 88,9% mentres que a provincia con menor ocupación é A Coruña, cun 21,6%. De todos os xeitos, o portal confía nas reservas de última hora.