DANZA, MÚSICA, TEATRO E UN TOQUE DE HUMOR SON OS ELEMENTOS PRINCIPAIS DESTE FIN DE SEMANA EN GALICIA.
O ballet de Cámara Nacional de Ucrania leva La Magia de los Cuentos ao Auditorio Municipal de Ourense ás 18:30 horas.
El cascanueces represéntase ás 21:00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.
Noa actúa no Teatro Afundación de Vigo, ás 21:00 horas, para presentar Love Medicine. Noasmusic.com
Teatro accesible no Teatro Colón da Coruña con Noche de Reyes ás 20:30 horas.
Segue a xira galega do espectáculo Cool Swing, a night with Borja Quiza e chega ao Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 20:30 horas. Borjaquiza.com
Tras o seu paso por Vigo, Noa repite na Coruña co seu Love Medicine. Será ás 21:00 horas no Teatro Rosalía Castro. Noasmusic.com
Dobre función do quinto aniversario de Noites de Retranca con espectáculos ás 20:00 e ás 22:30 horas no Teatro Colón da Coruña.
O Teatro Principal de Santiago acolle a décima edición do festival Implícate. Implicadas.net e NOVA EN GALICIA10
A carpa Circo de Nadal de Vigo ofrece a súa última función ás 17:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )