ADEMAIS DOS INICIOS DO CARNAVAL EN PRACTICAMENTE TODAS AS LOCALIDADES GALEGAS, O FIN DE SEMANA VÉN VARIADO: HUMOR, MÚSICA, TEATRO, ESPECTÁCULOS FAMILIARES…
Javier Varela presenta o seu monólogo Un momento duro de ahora, 5 pesetas de las de antes no Salón Teatro de Santiago ás 21:00 horas.
Venres e sábado ás 20:30 horas o Teatro Principal de Santiago acolle Bobas e galegas, de Quico Cadaval.
Leo Harlem e Sergio Olalla presentan no Teatro Jofre de Ferrol ás 21:30 horas Trendingtronching. Leoharlem.net
Pink Tones están de xira e chegan ao Auditorio Municipal de Ourense ás 22:00 horas. Pinktones.net
No Teatro Principal de Pontevedra represéntase, venres e sábado, O crédito ás 21:00 horas.
Venres, sábado e domingo, o Coliseum da Coruña acolle Disney Live! Mickey’s Music Festival. Disney.es/disney-live
Venres e sábado no Teatro Colón da Coruña represéntase Balor na acción dunha cadeira.
O Teatro Principal de Ourense acolle a representación de Pan, pan ás 20:30 horas.
Tras o seu paso por Ourense, Pink Tones ofrece un concerto ás 22:30 horas na sala Finisterrae da Coruña. Pinktones.net
O Auditorio Municipal de Ourense ofrece o espectáculo 100% burbujas ás 18:00 horas.
Las noches de Comedy Central chegan ao Teatro Afundación de Vigo ás 21:00 horas. www.comedycentral.es
Pablo Chiapella leva ao Auditorio Abanca de Santiago o seu espectáculo en solitario Sí, soy el señor, ás 20:30 horas.
Dentro da XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo, represéntase ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo El lenguaje de tus ojos o El príncipe travestido.
O musical Tarzán chega ás 19:00 horas ao Teatro Jofre de Ferrol.
Recital da Mikhailova’s Star Chamber Orchestra ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense.
Dentro da XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo represéntase 1, 2, 3 Macbeth ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Celébrase a XLVII Feira do cocido de Lalín. Lkm0.org
Abegondo acolle a XVI Feira do queixo.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )