Puertos del Estado recibiu tres proxectos, un deles en Galicia e os outros dous en Alacant, para dar uso hoteleiro ou doutro tipo a faros marítimos en desuso, iniciativas que xa están en tramitación.
A primeira fase para reconverter infraestructuras portuarias e darlles un uso hoteleiro concluirá as súas primerias actuacións, unha vez que as Autoridades Portuarias veñen de presentar as tres primeiras solicitudes ao grupo de traballo creado para levar a cabo este proxecto coñecido como Faros de España.
Moitos faros españois teñen xa usos alternativos, entre eles un galego, o de Fisterra, que conta cunha sala de exposicións. Na actualidade, 28 faros acollen usos como centros de interpretación, arte e exposición; 12 faros como centros culturas e de formación; 5 faros acollen actividades como centros de investigación/laboratorios/observatorios; 7 faros dispoñen de cafetarías e restaurantes e un deles conta cun acuario.