A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 52ª edición e que terá lugar os próximos días 1, 2 e 3 de maio, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), abriu o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar.
Ata o día 24 de febreiro permanecerá aberto o devandito prazo para poder participar na Feira do Viño do Ribeiro con posto propio. A inscrición será por rigorosa orde de chegada ata que se cubran as prazas ofertadas, tanto para adegas coma para colleiteiros e outorga o dereito, entre outras cousas, a poder participar na Cata Popular da FVR.
A inscrición pódese realizar no teléfono 988 477 100 ou a través do correo electrónico ivan.aedl@ribadavia.es. O sorteo dos postos nos stands terá lugar o día 25 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia.