O concello de Vigo iniciará unha nova campaña turística para darlle contido ás Illas Cíes en tempada baixa. Deste xeito, o Concello porá a disposición dos visitantes un barco xa que nestes meses non hai servizo de transporte marítimo. O programa incluirá andainas sonoras; arte efímero: observación da natureza en diversos puntos do litoral; observación de aves: identificación de especies e hábitos, ademais de flora e fauna; observación de temporais e localización de pecios; observación de restos de mareas; e, por último, iniciativas de observación astronómica e meteorolóxica, con xornadas de pintura, debuxo e fotografía.
Esta acción prosegue coa promoción das Illas Cíes que se realizou en Fitur e que se intensificará a partir do mes de xuño cando comece de xeito oficial a súa promoción como candidata ser declarada pola Unesco patrimonio medioambiental da Humanidade.