COMEZA A SEMANA SANTA E EN GALICIA HAI MOITAS PROPOSTAS QUE VAN DENDE A MÚSICA, AO TEATRO PASANDO POLA DANZA E AS FESTAS.
O Teatro Colón da Coruña acolle ás 20:30 horas o espectáculo de danza Leyendas Cosacas.
El Misántropo represéntase venres e sábado ás 20.30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Pisando ovos presenta no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30 horas a súa peza de danza Que volvan as flores. PISANDOOVOS.COM
Luz Casal ofrece o seu concerto Almas Gemelas ás 21:00 horas no Auditorio de Ferrol. LUZCASAL.ES
O Teatro Afundación de Vigo acolle ás 21:00 horas o recital de SES, Tronzar os valos. MARIAXOSESILVAR.COM
Pan! Pan! represéntase no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00 horas.
A xira 20 aniversario de Mclan chega ao Pazo da Ópera da Coruña ás 21:00 horas. M-CLAN.TV
Tras o seu paso por A Coruña, Leyendas Cosacas chega ao Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas.
Concerto de Joan Baez ás 21:30 horas no Palacio de Congresos y Exposiciones de Santiago. JOANBAEZ.COM
Carlos Latre estará no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo con 15 años no es nada ás 21:00 horas. CARLOSLATRE.COM
Sábado e domingo as rúas de Vigo acollen a Festa da Reconquista con numerosas actividades como o mercado, talleres ou actuacións. VCASCOVELLO.COM
Sábado e domingo, Sober celebra a XXXV Feira do Viño de Amandi. CONCELLODESOBER.COM
O Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Miles Gloriosus ás 19:00 horas.
O Auditorio de Afundación de Pontevedra acolle ás 18:00 horas Payasolandia.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )