O Museo Centro Gaiás de la Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela acolle mañá a gala show cooking Mellor Cociñeiro coas mellores tapas de Galicia.
No evento daranse cita os gañadores dos concursos de tapas xulgados por profesionais das sete grandes cidades galegas co obxectivo de decidir cal é a mellor de Galicia.
A cita consistirá nunha gala show cooking en directo na que os xefes de cociña elaborarán as receitas gañadoras e entregásense tres distincións: mellor cociñeiro de tapas por Galicia, outorgada por expertos do sector; o especial do público, decidido polos asistentes; e o premio especial As Tapas Estrella Galicia para a creación que mellor combine coas cervexas da firma.
Os establecementos representados serán Spoom da Coruña, Tapa Negra de Ourense, Paprica de Lugo, A Tafona de Santiago, La Contenta de Vigo, Cafetín de Pontevedra e Frank de Ferrol.