
Segundo os datos recollidos polos asociados do Clúster de Turismo de Galicia, as expectativas para esta Semana Santa son positivas, xa que se prevé un incremento nas cifras de reserva de entre o 15 e o 20% con respecto ao mesmo período do ano pasado.
Dende o Clúster consideran que as boas previsións meteorolóxicas poden animar as reservas de última hora, aínda que o 70% dos turistas que elixiron Galicia para estas datas xa fixeron as súas reservas.
A ocupación media, o ano pasado, foi do 55,7%. Mentres algúns establecementos esperan cifras similares ás de 2014, noutros xa está colgado o cartel de completo. En canto a turismo rural, tamén se esperan bos datos de ocupación.