Dobre función de El lago de los cisnes sobre hielo no Teatro Afundación de Vigo: ás 18:00 e ás 22:00 horas.
Amancio Prada canta a Rosalía de Castro no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas. AMANCIOPRADA.COM
Bobas&Gallegas represéntase ás 20:30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Begoña Salgueiro presenta Doce cancións galegas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Será ás 21:00 horas. BEGONASALGUEIRO.BLOGSPOT.COM
O Teatro Jofre de Ferrol ofrece ás 19:00 horas Hansel y Gretel, un mágico musical.
Sés leva Tronzar os valos ao Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo ás 20:30 horas. MARIAXOSESILVAR.COM
Ángel Corpa actúa no Auditorio Municipal de Ourense ás 21:00 horas. ANGELCORPA.COM
Sábado e domingo o Teatro Principal de Ourense acolle a representación de Xardín Suspenso.
Sábado e domingo o Teatro Colón da Coruña acolle El otro lado de la cama.
Dianne Reeves actúa no Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 21:00 horas. DIANNEREEVES.COM
Ana Obregón, Fabiola Toedo, Teté Delgado e Elisa Matilla protagonizan no Auditorio Abanca de Santiago Sofoco Plus. Será ás 19:00 horas.
Aladdin represéntase no Teatro Principal de Santiago ás 18:30 horas.
Emir Kusturica and The no Smoking Orchestra actúan na Praza da Quintana ás 21:00 horas dentro das festas da Ascensión. SANTIAGODECOMPOSTELA.ORG
Quiroga celebra a XV Mostra do aceite. CONCELLODEQUIROGA.COM
Butterfly Ensemble presenta Il Cirque D’amore ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Treixadura celebra os seus 25 anos con Vendima tarda ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. TREIXADURA.COM
Moreno Veloso e Guadi Galego cerran ás 22:00 horas na Quintana as festas da Ascensión. SANTIAGODECOMPOSTELA.ORG
Finaliza na Estrada a Festa do salmón cunha feira de artesanía e unha degustación popular a partires das 12:00 horas. AESTRADA.COM
Durante todo o día a zona de O Parrote na Coruña celébrase a II edición de A cidade dos rapaces, con todo tipo de actividades para os máis pequenos da casa. CORUNA.ES
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )