Este fin de semana, en concreto o sábado 16 de maio, arranca no Real Aeroclub de Santiago de Compostela o Primeiro circuíto de golf Paradores de Galicia.
Esta primeira edición conta con cinco torneos clasificatorios, que se celebrarán nos campos do Real Aeroclub de Santiago, Real Aeroclub de Vigo, Golf Ría de Vigo, Montealegre Club de Golf e a final, que se disputará no Montecastrove Golf Meis, onde participarán os 20 mellores xogadores dos torneos previos.
Durante esta edición tamén participarán os paradores de Santiago,Baiona, Tui, Pontevedra, Cambados, Santo Estevo e Monforte nunha proposta que pretende incentivar o contacto coa natureza e combinar o turismo cunha actividade saudable, posicionando a Galicia como “destino golf”.