FESTAS, MÚSICA E TEATRO PROTAGONIZAN O PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE ABRIL
- O espectáculo Arrolos de salitre chega ao Auditorio Municipal de Ourense ás 17:00 e a ás 18:00 horas.
- Escuchando elefantes actúa no Salón Teatro de Santiago ás 22:00 horas. escuchandoelefantes.com
- Palabras malditas represéntase no Teatro Afundación de Vigo ás 20:30 horas.
- The funamviolistas ofrecen o seu espectáculo ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. thefunamviolistas.com
- O Teatro Colón da Coruña acolle ás 20:30 horas Pánico.
- Tras o seu paso por Vigo, The funamviolistas estará no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas. thefunamviolistas.com
- O Teatro Colón da Coruña acolle Los 7 cabritillos ás 18:00 horas.
- La Bella y la Bestia represéntase ás 18:00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo.
- O Ballet de Carmen Roche actuará no Teatro Principal de Santiago ás 20:30 horas. balletcarmenroche.com
- Sábado e domingo Vilalba celebra a Festa do Queixo de San Simón da Costa. vilalba.org
- Vigo celebra La Reconquista o sábado e o domingo. turismodevigo.org
- Soutomaior acolle o sábado e o domingo a XXX Festa da ostra de Arcade. soutomaior.com
- Pedro Volta leva o seu espectáculo Ilusionante á Casa de Cultura de Burela. Será ás 19:00 horas. pedrovolta.com
- O Teatro Jofre de Ferrol acolle ás 18:00 horas a obra Los 7 cabritillos.
- No Salón Teatro de Santiago poderase gozar co espectáculo de Invisible Wires.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )